Curso David Cassel

Horario e datas

Impartido por Caroline Dream

Edificio do Xardín Botanico Ría do Burgo
Culleredo (A Coruña)

Prezo: 155,00€

DATAS E HORARIOS:
Xaneiro 2024

Martes 9 de Xaneiro de 16:30 a 20:00
Mércores 10 de Xaneiro de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00
Xoves 11 de Xaneiro de 10:30 a 14:00

Se o número de participantes no curso fora de entre 10 e 12 persoas a sesión do mércores remataría ás 19h.

Prazas: 16

Non é necesaria experiencia previa.


1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.

2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor

3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.

Contido

O traballo principal do curso é a procura ou potenciación do clown propio, e coñecer as claves da graza.
A quen vai dirixido?
A calquera persoa que queira gozar dunha potente experiencia
persoal e clownesca. A quen teña algunha experiencia e queiran seguir potenciando o seu clown ou reciclarse. E a todos os que queiran descubrir algunhas das claves da graza.

Non é necesaria experiencia

Onde está a graza?
A risa é sen dúbida un fenómeno social e contaxioso. Todos sabemos que cando estamos sós apenas rimos, con todo experimentamos a risa con moita máis facilidade en grupo, e especialmente cando existe un vínculo afectivo entre persoas. Sempre foi algo obvio para os pallasos, pois compartir é algo integral á súa arte. No momento en que o pallaso aparece lanza unha invitación ás persoas presentes a través da súa mirada, a entrar, participar e mesmo modificar o universo no que habita. Un universo cómico, cheo de todo tipo de grazas e desgrazas, e do que o público tamén forma parte. Á fin e ao cabo , o que o pallaso nos mostra non é máis (nin menos) que unha amplificación do que todos nós somos. Non é o mesmo ser gracioso que facerse o gracioso. Os pallasos non esixen ou esperan nada, e un derivado natural do seu comportamento aberto, xeneroso, honesto e próximo, é a complicidade. E a complicidade é, sen dúbida, un dos ingredientes máis importantes para desencadear a risa. Saber manter a complicidade co compañeiro abre as portas ao xogo e o pracer. E conseguir a complicidade do público é obter o permiso para "ir máis lonxe", e estar así máis preto e gozar máis.
A graza está en todas partes pero hai que saber recoñecela e sobretodo
hai que saber comunicala con graza, valia a redundancia.
O traballo principal do curso é a procura e potenciación do clown propio, coñecer as claves da graza, e profundar nos elementos necesarios para crear complicidade entre pallasos, e entre estes e o público. Traballaremos desde o xogo e o pracer, a honestidade, a comunicación co público e co compañeiro, o fracaso, o éxito, a vulnerabilidade, a estupidez, as emocións, a esaxeración...
Aprenderás...
• A aumentar a túa capacidade de escoita cara ao teu compañeiro pallaso.
• Onde enfocar a túa atención para aumentar as risas no público.
• A recoñecer unha proposta de xogo e saber como desenvolvela.
• Converter os teus impulsos internos en accións cómicos.
A dispoñibilidade dos participantes cara ao traballo é esencial.

Os participantes deben traer
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica se xa a tes, senón poderás
comprar un estupendo nariz de latex (material brando) no curso

David Cassel

De orixe británica e nacionalizada española, reside desde 1989 en Barcelona.
Licenciada en Teatro pola Universidade de Exeter (UK) e formada na British Circus School. Pallasa desde 1985, actuou en teatros e festivais por toda España, Europa,
Colombia e México, con espectáculos propios ou como pallasa noutras compañías.
Formadora de Clowns entre 1998 e 2023 impartiu máis de 350 cursos polos que
pasaron máis de 5.000 participantes. Impartiu cursos en España, Portugal, Alemaña, Estados Unidos (para artistas do Cirque du Soleil en Las Vegas, e no New York Clown Theatre Festival, e en Latinoamérica no Perú, Colombia (repetidamente en Bogotá, Cali, Universidade de Medellín), Costa Rica e México (repetidamente en Ciudad de México, Guadalaxara, Durango, Torreón).
Impartiu cursos nas escolas: The Clown School nos Angeles (USA), The
Las Vegas Theatre Hub (USA), TuT Clownschule en Hannover (Germany), Remise en Potsdam (Germany), Tamala Clown Akademie en Konstanz (Germany), Ravensburger Clownschule en Ravensburger (Germany), La Vecindad Escuela de Clown en Lima (Peru), David Monge Comedy School (Spain) and The Improv School (Colombia) run by Gigio Giraldo.
Autora do libro “O pallaso que hai en ti”, “The Clown in You” na versión inglesa, e
tamén autora do libro "Apayásate", "Clown Yourself" na versión inglesa. Formada entre outros con Dario Fo, Carlo Bosso, Jango Edwards, Michel Dallaire e Pierre Pilatte, Avner The Eccentric, Johnny Melville, Eric de Bont, John Lee, Kevin Brooking, Nola Rae e David Glass.