Curso Pepe Viyuela

Horario e datas

Impartido por Pepe Viyuela
Curso Presencial en Culleredo, A Coruña.
Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo
Datas e horario:
Setembro 2022
Martes 13 de 16:00 a 20:00
Mércores 14 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Xoves 15 de 10:00 a 14:00

Prezo: 155,00€

O curso

CONTIDO
Título do taller : Iniciación á técnica do pallaso

Prazas: 15

Obxectivo:

O obxectivo do taller é ofrecer pautas de búsqueda que nos axuden a esbozar o camiño para crear o noso pallaso. Pretendemos trazar o mapa que ten que percorrer cada quen para construilo.
O pallaso que buscamos non está en ningún lugar preciso, hai que buscalo, inventalo, crealo, facelo xurdir pouco a pouco, gozando do placer de fracasar.
Preguntaremonos que é un pallaso e para responder usaremos a acción, a improvisación e o entrenamento. Construir o noso pallaso require esforzo e tempo para explorar os matices; valor para mostrar a túa vulnerabilidade e compartila. Pero ese esforzo ten que ser á vez pracenteiro,
lúdico. Debemos fuxir do sufrimento e reaprender a xogar, porque o pracer é o motor, a única chave que coñezo que da aceso a ese universo ilóxico e absurdo onde absolutamente todo é posible.

TES QUE TRAER
Roupa e calzado cómodo
Un nariz vermello e pequeno con goma elástica, para que quede ben suxeita a túa cabeza. (Opcional)

Prezo: 155€

1 - Reembolso do importe da inscrición
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado pola inscrición.
*Entendese por causa maior por exemplo: restricións impostas polas autoridades sanitarias que impidan poder chegar o curso, desastres naturais, actos de terrorismo, e ese tipo de cousas)
1.2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor.

2. No caso de anulación por parte do participante
2.1 Non se reembolsará a inscrición en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.

Pepe Viyuela

Pepe Viyuela, Logroño (1963)
Estudio Filosofía e tamén arte dramática. Comeza a ser coñecido no mundo do espectáculo como un pallaso tenro, inocente e torpe cunha voz e xeito de falar peculiares. A súa primeira aparición televisiva foi no programa televisivo Un, dos, tres… responda outra vez como humorista, onde preguntaba a súa famosa frase «Pero, ¿isto que es?» e polo número no que se vía atrapado por unha cadeira pregable que foi visto por xeneracions en televisión e en teatros co seu espectáculo «Encerrona».
Actor e pallaso
É especialmente coñecido polo gran público pola súa faceta de actor na serie televisiva Aida, pero Pepe é un actor todo terreo, pois fai tanto teatro, cine, televisión, como podemos velo como pallaso no seu clásico espectáculo «Encerrona» no que loita cunha serie de obxectos que parecen non querer facerlle a vida fácil.
En teatro participou no Festival de Teatro Clásico de Mérida, con Androcles y el león (1999), Rómulo el grande (2005) e Miles Gloriosus (2008)
Entre 2009 e 2011 protagonizou, xunto a Teté Delgado y Asunción Balaguer, a versión teatral de El pisito, baseada en el guión de Rafael Azcona. En 2019 protagoniza Esperando a Godot.
No cine participou entre outras películas en: «El milagro de P Tinto» (1998) «La gran aventura de Mortadelo y Filemón» (2003) «Mortadelo y Filemón. Misión: salvar la Tierra» (2008) E no docudrama baseado no libro de Mariano García «Marcelino. El mejor payaso del mundo».