MISACLOWN

JOUSE GARCÍA

Premio María Casares 2006 como mellor actor secundario polo espectáculo do Centro Dramático Galego, “Seis personaxes á procura de Autor”

Premio de Honra 2019 nos Premios Oh de Teatro Asturiano como alumno egresado do ITAE

TITULACIÓN

1992 - Titulado en Arte Dramática polo Instituto del Teatro e das Artes Escénicas de Gijón (Asturias)

Nacín en Oviedo en 1969, no ano 1986 acudo a un curso de Zancos, máscaras e disfraces, do que sae un grupo de teatro chamado “Llercia” dirixido por Pedro Lanza, ao ano seguinte estreamos o espectáculo “Mundo, demo e carne” gañamos o Certame Rexional de Teatro e acudimos ao Certame de Teatro Nacional en Mérida, onde realizo un curso teatral impartido por Helena Pimenta, despois recibo cursos de Marián Osacar, Felipe Ruiz de Lara e Etelvino Vázquez.
No ano 1988 ingreso no Instituto do Teatro e as Artes Escénicas (ITAE) de Xixón, onde recibo clases de Etelvino Vázquez, Antonio Malonda, Jesús Cracio, Jaroslaw Bielski, Elena Armengod, Carmen Gallo, Manuel Bernabé, Socorro Anadón, Vicente León, Mike Cohen, Pilar Pérez e Javier Alkorta “Txortas”. Acabo os estudos no ano 1992.
Mentres estou en Asturias traballo de maneira profesional en Teatro do Norte, Producións Quiquilimón e Toaletta Teatro.
No ano 1996 trasládome a vivir a Galicia, onde fundo a compañía teatral “Novedous” que está en activo durante once anos, traballando con directores como Roberto Cerdá, Maxi Rodríguez, XRon e Afonso Becerra. Á vez traballo noutras compañías, Teatro do Atlántico con Xulio Lago, GPD nun espectáculo para o Xacobeo 99, Ollomoltranvia con Cándido Pazó, Balea Branca con Damián Contreras e en dous espectáculos para o Centro Dramático Galego. Por un destes traballos no CDG recibo no ano 2006 o premio María Casares a mellor actor secundario.
No ano 2009 entro a formar parte de Malasombra Producións, compañía de Xoque Carbajal, participando en todos os espectáculos da compañía ata a data.

CLOWN :
No último curso do ITAE recibo un curso de clown da man de Javier Alkorta “Txortas” que me introduce de cheo nesta disciplina, a partir dese momento non deixo de asistir a cursos onde recibo formación de numerosos clowns como Eric de Bont, Alex Navarro, Jango Edwards, Tolo Brusca, John Wright, Antón Valen, Pepe Viyuela, Jesús Jara, David Larible, Claudia Cantone, Rui Paixão, Peta Lily e Pepa Plana.

MISACLOWN

Que é Misaclown?

"Misaclown" é un espectáculo de teatro que utiliza a técnica do clown para ofrecer unha experiencia divertida e única ao redor da Misa. A través da linguaxe do clown, a obra explora de maneira cómica e sen intención de provocar polémica, a forma en que un clown comprende e experimenta a relixión.
O espectáculo non se basea na parodia ou a crítica, senón no enfoque lúdico e torpe do clown ao asumir o papel dun sacerdote. Con humor e tenrura, móstranse os fracasos e as peripecias que ocorren cando o clown tenta entender e levar a cabo cada unha das partes da liturxia. A través da torpeza e a inxenuidade, revélase unha visión singular da relixión e os seus rituais.
"Misaclown" convida o público a rirse e gozar de situacións cómicas mentres se exploran temas relacionados coa fe, a liturxia e a espiritualidade desde unha perspectiva clownesca. É un espectáculo que pretende entreter e brindar unha experiencia teatral divertida e peculiar, sen intencións de ofender ou xerar controversias.

Agradecementos: Concello do Carballiño, Paula Pato, Claudia Cantone, Concello de Ribadavia, Concello de Culleredo, Javier Alkorta "Txortas", Eric de Bont, Alex Navarro, Pepe Viyuela, Antón Valen, Jango Edwards, David Larible, Rui Paixão, Jesús Jara, Peta Lily e Arteficción.

Aberta a contratación para Teatros, Concellos, Salas, Festivais, Mostrás, Asociacións, Ciclos, Festas, Programacións, etc, etc, etc.
Excepto B, B, C.

CLAUDIA CANTONE

Arteterapeuta, Terapeuta Gestalt e clown.
A miña formación como clown complétase coa participación en numerosas clases maxistrais con profesores de renome internacional. Como mimo dramático formeime na escola "Moveo" de Barcelona e como actriz na escola de teatro 'A Scaletta' - Conservatorio de Teatro GB Diotajuti - Roma -Italia-. Protagonista, produtora e creadora de 4 espectáculos de teatro clown. Imparto cursos de formación de clown terapeutas, arteterapia e talleres de creación. Xunto a Jango Edwards codirixín o 'Nouveau Clown Institute' - Barcelona, España. Ao longo dos anos desenvolvín o meu propio método pedagóxico "Arteterapia para o Desenvolvemento das Artes Escénicas e o Crecemento Persoal" que fai que o proceso de creación sexa orixinal e profundo. Durante 17 anos servín na Policía Estatal e en 2006 cambiei radicalmente a miña vida para buscar o meu nariz vermello. A miña historia converteuse na historia dun documental, dirixido por Tommaso Magnano: "Fool of Life".

Funcións

3-11-23 - Ribadavia (Estrea)
13-4-24 - O Carballiño
3-5-24 - Culleredo

31-5-24 - Cenlle