Curso Claudia Cantone
Datas e Horario
Impartido por Claudia Cantone
Curso Presencial no Carballiño, Ourense.
Auditorio Municipal "Manuel María"
Datas e horario:
Abril 2023
Luns 3 de 17:00 a 21:00
Martes 4 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Mércores 5 de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00
O día 5 ás 20:30h. farase unha mostra do traballo do curso aberta ó público.
Prezo: 175,00€
Número de prazas : 14
1 - Reembolso do importe da inscrición
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado pola inscrición.
*Entendese por causa maior por exemplo: restricións impostas polas autoridades sanitarias que impidan poder chegar o curso, desastres naturais, actos de terrorismo, e ese tipo de cousas)
1.2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor.
2. No caso de anulación por parte do participante
2.1 Non se reembolsará a inscrición en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Claudia Cantone
Arteterapeuta, Terapeuta Gestalt e clown.
A miña formación como clown complétase coa participación en numerosas clases maxistrais con profesores de renome internacional. Como mimo dramático formeime na escola "Moveo" de Barcelona e como actriz na escola de teatro 'A Scaletta' - Conservatorio de Teatro GB Diotajuti - Roma -Italia-. Protagonista, produtora e creadora de 4 espectáculos de teatro clown. Imparto cursos de formación de clown terapeutas, arteterapia e talleres de creación. Xunto a Jango Edwards codirixín o 'Nouveau Clown Institute' - Barcelona, España. Ao longo dos anos desenvolvín o meu propio método pedagóxico "Arteterapia para o Desenvolvemento das Artes Escénicas e o Crecemento Persoal" que fai que o proceso de creación sexa orixinal e profundo. Durante 17 anos servín na Policía Estatal e en 2006 cambiei radicalmente a miña vida para buscar o meu nariz vermello. A miña historia converteuse na historia dun documental, dirixido por Tommaso Magnano: "Fool of Life".
Rexistrada no Rexistro Profesional A.P.I.Ar.T. nr. 398/17 . Certificación de Calidade Profesional ISO/IEC 17024 , FAC — ACCREDIA, válido en Europa como: Terapeuta Expresiva— Arte terapeuta - N°104/17.
O curso
ClownRise - Workshop intensivo de clown.
ClownRise é un taller intensivo sobre o clown destinado a todos aqueles que queren aprender as estruturas do xogo clown e empezar un proceso de creación.
O curso segue o meu método de ensino e creación: “Arteterapia para o Desenvolvemento das Artes Escénicas e o Crecemento Persoal”, no que conflúen o Clown, o Arteterapia, a Gestalt e outras técnicas que aprendín durante o meu percorrido persoal de investigación. O uso destas técnicas converte os meus talleres en algo único, sobre todo grazas ao uso da arteterapia, a través da cal o proceso de estudo e creación do clown é máis auténtico e profundo.
Na arte do clown existen arquetipos de clown e estruturas de xogo (branco, augusto e contragusto - irmán maior e irmán menor, complicidade e contraste, etc...) O que propoño no meu taller, ademais de xogos e improvisacións, é a exploración e a comprensión, a través dunha sesión de arteterapia, das estruturas e arquetipos do clown antes mencionados. Como é o noso “Branco”? E o noso Augusto? Con que parte de nós estamos en desacordo ou en complicidade? Podemos ser cómplices do noso lado contrastante?
Estas partes tomarán vida nas improvisacións, con nomes, vestiarios, idades, biografías, etc.... Ata chegar a unha primeira etapa de creación de número.
Quen xoga establece unha relación positiva consigo mesmo e co mundo circundante. O xogo convértese nunha forma de experimentación ou revisión da realidade e axuda a superar os nosos límites. Todo está a servizo do xogo. Sucede algo máxico...os participantes convértense en alquimistas, entran en contacto coa súa propia realidade interna, para coñecela, aceptala e transformala.
METODOLOXÍA
Quecemento muscular lixeiro.
Exploración de espazo.
Técnicas de meditación e relaxación.
Xogos e exercicios para crear empatía, escoita e complicidade entre os participantes.
Estruturas de xogos.
Sesión de arteterapia.
Exercicios de exploración sobre as 4 emocións básicas.
Estudo da prosodia do Clown.
TES QUE TRAER
Roupa e calcetíns cómodos. Cada participante debe traer un nariz vermello con elástico, roupa, gorros e accesorios que lle gustaría usar durante as improvisacións.
3 follas de papel EVA 50x70
3 rolos de papel crepe
3 follas de papel brístol 50x70, cinta adhesiva, cola Uhu, grampadora e grampas, tesoiras.
Unha botella de auga (para beber)