Curso Alex Navarro
Horario e datas
Impartido por Alex Navarro
Curso Presencial en Culleredo, A Coruña
Prezo: 155€
Agosto 2022
Datas e horario: martes 16, mércores 17 e xoves 18 de agosto
Se no momento do inicio do curso as autoridades sanitarias recomendaran ou impuxeran medidas anticovid, aplicaranse as que sexan obrigatorias.
Horario:
Martes 16 de agosto de 16:30 a 20:00
Mércores 17 de agosto de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00
Xoves 18 de agosto de 10:30 a 14:00
Se o número de participantes no curso fora de entre 10 e 12 persoas a sesión do mércores remataría ás 19h.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe da inscrición
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado pola inscrición.
* Entendese por causa maior por exemplo: restricións impostas polas autoridades sanitarias que impidan poder chegar o curso, desastres naturais, actos de terrorismo, e ese tipo de cousas)
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
2.1 Se Alex Navarro sufrira algún percance que lle impídese realizar o curso, este sería impartido por Caroline Dream. Se isto tampouco fora posible reembolsaríase o total do importe da inscrición ás persoas inscritas.
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará a inscrición en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago. Quen teña pagada a inscrición sempre pode vender ou regalar a súa praza a outra persoa.
Álex Navarro
Barcelona 1965. Fixo o humor por primeira vez en 1986.
ACTUACIÓNS con espectáculos propios en máis de 17 paises (18 para ser exactos) entre os cales España, Francia, Inglaterra, Italia, Alemania, Holanda, Canadá, U.S.A., Jakarta, etc., de 3 continentes.
A prensa dixo : “esplendido”, “deliciosamente divertido”, “un dos espectáculos máis divertidos e inxeniosos”, “verdadeiramente cómico”, “provocación intelixente”…
CLOWN da Cia. Contre-Pour en “LES HOMMES EN NOIR” – 1995 Xira Europea.
CLOWN do CIRQUE DU SOLEIL 1998/2000, con máis de 600 representacións no espectáculo MYSTERE (Las Vegas, U.S.A.)
DIRECCIÓN DE ESPECTÁCULOS de clown e circo dende 2003, entre os que destacan algúns premiados como “Las Gallegas” da Cia. Lolita Corina, “Desconcierto” de Triolé, ou Humortal de EFS, e outros como “La Caravana Gira” de Circ Panic, Strange Comedy o a Gala Alapista con entre outros pallasos internacionais: Avner The Eccentric, Monti, Val de Fun, Pata de Perro…
IMPARTE CURSOS DE CLOWN dende 1998 por toda España, e a nivel internacional nas Vegas (U.S.A. – para artistas do Cirque du Soleil -), Portugal, Alemania, Puerto Rico, Perú, México e Colombia. Polos seus cursos pasaron máis de 3.000 persoas.
DIRECTOR ARTÍSTICO da XIV edición do Festival Internacional de Pallasos de Cornellà – Memorial Charlie Rivel.
CREADOR DE CLOWNPLANET.COM, a web de referencia sobre o mundo do clown de ámbito hispano.
DIRECTOR DE EDICIÓNS CLOWNPLANET, editorial adicada á publicación de libros sobre o clown.
Contido
O traballo principal do curso é a busca do pallaso propio mediante exercicios de improvisación e xogos específicos da técnica do clown. Vivirás unha potente experiencia persoal e clownesca, e pasarás tres días rindo como non lembras facelo. Avisad@ quedas ;o)
Os cursos intensivos de clown impartidos por Alex Navarro axudaranche tanto profesionalmente se te adicas o mundo do clown ou che estás iniciando, como persoalmente se o que queres é descubrir o mundo do pallaso dende dentro, traballar o teu medo ao ridículo, o medo escénico, ou potenciar o teu sentido do humor.
Nestas pautas atopase a arte do pallaso: ser orgánico, xogar, expresar o que sentes, compartir co público, ter problemas, facer parvadas, estar interesado, fracasar, mostrarte vulnerable, usar o teu sentido do humor, esaxerar, sentir os ritmos cómicos, repetir os teus éxitos, gozar, caer nas tentacións, ser honesto, transgredir, redescubrir o mundo, reinterpretar os feitos.
Saber cales son as pautas do pallaso non é o mesmo que ser capaz de manexalas en escena. Non che vou enganar – chegar a ser un pallaso profesional, capaz de facer rir a calquera público en calquera circunstancia, require anos de practica. A técnica é moi complexa, pero chegar a experimentar o teu pallaso…¡iso é moitisimo mais fácil!
“El loco se cree cuerdo, mientras el cuerdo reconoce que no es sino un loco”
W. Shakespeare
Si, ti estas tolo, es ridículo, e un pouco parvo… todos o somos (quizais non todo o tempo, pero si moitas veces). Polo tanto, o aprendizaxe clown consiste en recoñecer e expoñer habilmente todos estes elementos cómicos que xa tes a túa disposición. Coñecerás como é o teu pallaso (que cousas es capaz de facer, comunicar e sentir) cando saes a improvisar co nariz vermello ante un público.
O teu pallaso aparecerá sen esforzo se:
1: tes dispoñibilidade cara o traballo
2: che permites sentir e expresar o que estas sentindo
3: entras no xogo (¿estás dispost@ a xogar?)
Se o que buscas é un taller onde poidas ser exactamente como es – expresivo, ridículo, explosivo, torpe, parvo… (¡e recibir aplausos por elo!) – ¡este curso é para tí!
Temas que traballaremos:
Sentirse relaxado e confortable en escena
A escoita activa
A vulnerabilidade
A estupidez
Aceptación do fracaso e recreación do éxito
A expresión lúdica das emocións
Deixarse levar pola esaxeración
Gozar de ser parvo e ridículo
Aprenderás a: sentirte confortable en escena, crear un vínculo afectivo co público, e usar a túa forma de ser e a túa ridícula para provocar a risa.
Traballaremos individualmente, en dúos e tríos. E aínda que se dará prioridade ás necesidades do grupo, tamén se realiza un traballo moi individualizado.
En cada clase hai una primeira parte de xogos de quecemento, exercicios de confianza, atención, presencia, y outros que axudan na escoita, a apertura, a sensibilidade e o encontro do humor propio. Na segunda parte da clase trabállanse exercicios específicos de clown.
Teredes que improvisar, participar como público activo, e axudarvos mutuamente en descubrir os rasgos importantes do voso clown. Sobre todo terás que buscar facer rir, sen mais elementos que os teus propios xestos e tics, as túas propias maneiras de enfrontarte ás situacións, “espido” e navegando entre a aventura e o posible afundimento do barco.
A meta do curso é axudarte a encontrar as cousas que funcionan e apoiarte en seguir os teus propios impulsos locos.
A dispoñibilidade dos participantes cara o traballo é esencial. Teñen que estar dispostos a dar e recibir, quitarse as mascaras e sentir, sentir e sentir.
Traballar co clown é traballar co corazón.
TES QUE TRAER
Roupa e calzado cómodo
5 ou 6 obxectos, que non teñan valor sentimental ou real (porque os pallasos poden romper cousas sen querer). Os obxectos poden ser calquera cousa, unha botella de plástico, unha caixa de cartón, un paraugas, un chapeu, unha vasoira…
Un nariz vermello e pequeno con goma elástica, para que quede ben suxeita a túa cabeza. Se non a tes no curso poderás mercar unha bonita e suave por 7 euros (en tal caso, por favor trae o importe xusto).
Papel e bolígrafo (ou lapis)
Unha botella de auga (para beber)