Curso Rui Paixão
Horario e datas
Impartido por Rui Paixão
Casa da Cultura de Ribadavia (Ourense)
Este curso celebrarase no marco da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT Ribadavia)
Prezo: 120,00€
Datas e horario:
18 e 19 de Xullo
10:00h. a 13:00h. e de 15:00h. a 18:00h.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Rui Paixão
Santa Maria da Feira (1998)
Formouse en teatro na Academia Contemporánea do Espectáculo terminando o curso no ano 2014. Percorrido un ano de experiencia profesional Rui Paixão desenvolve o seu traballo unido á investigación e exploración do clown contemporáneo.
Aos 20 anos foi considerado polo Imaginarius a revelación das artes de rúa en Portugal, obtivo o premio OFF CIRCADA en Sevilla como artista emerxente no circo contemporáneo, participou nun dos maiores festivais do mundo, o Fringe Festival de Edimburgo. Recentemente foi seleccionado para a última produción do Cirque du Soleil en China converténdose así no primeiro pallaso portugués en conseguilo. Ao mesmo tempo colabora regularmente como intérprete coa compañía de teatro físico e novo circo Radar 360.
Dende hai uns anos posue a súa propia compañía, Holy Clowns.
Contido
"Aquí está un oso. AGORA HAI QUE FACELO RIR!"
Nesta curso Rui Paixão desafía aos participantes a unha intensa exploración sobre a improvisación e o acto de creación espontánea.
Obradoiro: Improvisación e creación espontánea
TES QUE TRAER
Roupa e calzado cómodo.
Unha botella de auga (para beber)