Curso Pepe Viyuela
Horario e datas
Impartido por Caroline Dream
Edificio do Xardín Botanico Ría do Burgo
Culleredo (A Coruña)
Prezo: 155,00€
DATAS E HORARIOS:
Xaneiro 2024
Martes 9 de Xaneiro de 16:30 a 20:00
Mércores 10 de Xaneiro de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00
Xoves 11 de Xaneiro de 10:30 a 14:00
Se o número de participantes no curso fora de entre 10 e 12 persoas a sesión do mércores remataría ás 19h.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Contido
O traballo principal do curso é a procura ou potenciación do clown propio, e coñecer as claves da graza.
A quen vai dirixido?
A calquera persoa que queira gozar dunha potente experiencia
persoal e clownesca. A quen teña algunha experiencia e queiran seguir potenciando o seu clown ou reciclarse. E a todos os que queiran descubrir algunhas das claves da graza.
Non é necesaria experiencia
Onde está a graza?
A risa é sen dúbida un fenómeno social e contaxioso. Todos sabemos que cando estamos sós apenas rimos, con todo experimentamos a risa con moita máis facilidade en grupo, e especialmente cando existe un vínculo afectivo entre persoas. Sempre foi algo obvio para os pallasos, pois compartir é algo integral á súa arte. No momento en que o pallaso aparece lanza unha invitación ás persoas presentes a través da súa mirada, a entrar, participar e mesmo modificar o universo no que habita. Un universo cómico, cheo de todo tipo de grazas e desgrazas, e do que o público tamén forma parte. Á fin e ao cabo , o que o pallaso nos mostra non é máis (nin menos) que unha amplificación do que todos nós somos. Non é o mesmo ser gracioso que facerse o gracioso. Os pallasos non esixen ou esperan nada, e un derivado natural do seu comportamento aberto, xeneroso, honesto e próximo, é a complicidade. E a complicidade é, sen dúbida, un dos ingredientes máis importantes para desencadear a risa. Saber manter a complicidade co compañeiro abre as portas ao xogo e o pracer. E conseguir a complicidade do público é obter o permiso para "ir máis lonxe", e estar así máis preto e gozar máis.
A graza está en todas partes pero hai que saber recoñecela e sobretodo
hai que saber comunicala con graza, valia a redundancia.
O traballo principal do curso é a procura e potenciación do clown propio, coñecer as claves da graza, e profundar nos elementos necesarios para crear complicidade entre pallasos, e entre estes e o público. Traballaremos desde o xogo e o pracer, a honestidade, a comunicación co público e co compañeiro, o fracaso, o éxito, a vulnerabilidade, a estupidez, as emocións, a esaxeración...
Aprenderás...
• A aumentar a túa capacidade de escoita cara ao teu compañeiro pallaso.
• Onde enfocar a túa atención para aumentar as risas no público.
• A recoñecer unha proposta de xogo e saber como desenvolvela.
• Converter os teus impulsos internos en accións cómicos.
A dispoñibilidade dos participantes cara ao traballo é esencial.
Os participantes deben traer
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica se xa a tes, senón poderás
comprar un estupendo nariz de latex (material brando) no curso
Pepe Viyuela
Pepe Viyuela, Logroño (1963)
Estudio Filosofía e tamén arte dramática. Comeza a ser coñecido no mundo do espectáculo como un pallaso tenro, inocente e torpe cunha voz e xeito de falar peculiares. A súa primeira aparición televisiva foi no programa televisivo Un, dos, tres… responda outra vez como humorista, onde preguntaba a súa famosa frase «Pero, ¿isto que es?» e polo número no que se vía atrapado por unha cadeira pregable que foi visto por xeneracions en televisión e en teatros co seu espectáculo «Encerrona».
Actor e pallaso
É especialmente coñecido polo gran público pola súa faceta de actor na serie televisiva Aida, pero Pepe é un actor todo terreo, pois fai tanto teatro, cine, televisión, como podemos velo como pallaso no seu clásico espectáculo «Encerrona» no que loita cunha serie de obxectos que parecen non querer facerlle a vida fácil.
En teatro participou no Festival de Teatro Clásico de Mérida, con Androcles y el león (1999), Rómulo el grande (2005) e Miles Gloriosus (2008)
Entre 2009 e 2011 protagonizou, xunto a Teté Delgado y Asunción Balaguer, a versión teatral de El pisito, baseada en el guión de Rafael Azcona. En 2019 protagoniza Esperando a Godot.
No cine participou entre outras películas en: «El milagro de P Tinto» (1998) «La gran aventura de Mortadelo y Filemón» (2003) «Mortadelo y Filemón. Misión: salvar la Tierra» (2008) E no docudrama baseado no libro de Mariano García «Marcelino. El mejor payaso del mundo».