O CLOWNCURSO 2026

O Concurso

Hoxe gustaríanos presentarvos a Asociación Cultural Escola Galega de Clowns. Somos unha asociación cultural que naceu coa idea de explorar e espallar o mundo do clown. Aínda que sabemos que ningún comezo é fácil, estamos dispostos a superar todas as pedras que atopemos no camiño para ofrecer e organizar cursos de clown de calidade, coa axuda dos mellores mestres. A nosa asociación ten moitas ilusións e obxectivos, entre eles, organizar cursos de clown, impartilos, recibir outros cursos, organizar mostras, congresos, festivais e concursos de clown, realizar e difundir espectáculos de clown, así como establecer intercambios con asociacións, entidades, grupos afeccionados ou profesionais de espectáculos. En definitiva, calquera iniciativa relacionada co mundo do clown. Estamos traballando para consolidar un proxecto serio, estable e duradeiro. Queremos ofertar os mellores cursos de clown e traer aos mellores mestres de clown a Galicia. Agradecemos a vosa atención e esperamos poder contar co voso apoio para levar adiante o noso proxecto.

Ata o de agora levamos organizados 17 cursos intensivos de clown, cos mellores clowns nacionais e internacionais da actualidade:

2022 : Alex Navarro e Pepe Viyuela

2023 : David Larible, Claudia Cantone, Rui Paixão, Alex Navarro e Peta Lily

2024 : Caroline Dream, Pepa Plana, Marcelo Katz, Peta Lily e Avner the Eccentric

2025 : Caroline Dream, Mar Navarro, Roi Borrallas, Pepa Plana, Pedro Fabião e Avner the Eccentric

Poden atopar información sobre estes cursos en: www.escolagalegadeclowns.com

E tamén nas nosas redes sociais:

http://www.instagram.com/escolagalegadeclowns

http://www.facebook.com/escolagalegadeclowns

O Clowncurso é un festival que une dúas cousas: un curso de clown e un concurso de espectáculos de clown. O obxectivo é converterse nun referente dentro duns anos como un dos festivais de clown máis importantes a celebrar en Galicia e tamén a nivel nacional. Durante unha semana, o festival ofrecerá un curso de clown polas mañás (de martes a sábado) impartido por algún mestre clown de recoñecido prestixio internacional. Polas noites (de martes a venres), terá lugar o concurso de espectáculos de clown, onde cada día haberá un espectáculo diferente. O público votará ao remate de cada función e o espectáculo mellor valorado será o gañador do Clowncurso. Como premio, o espectáculo gañador será contratado pola organización para a realización dunha función nas datas que o gañador e o organizador acorden.

O Clowncurso ofrece unha oportunidade única para aqueles interesados en aprender sobre clown e para aqueles que simplemente queren desfrutar dun bo espectáculo. O curso de clown impartido por mestres recoñecidos internacionalmente é unha gran oportunidade para mellorar as habilidades e coñecer novas técnicas. Ao mesmo tempo, o concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para ver a artistas talentosos en acción. Os espectáculos son divertidos, emocionantes e cheos de sorpresas. O público ten a oportunidade de votar polo seu espectáculo favorito e ser parte da decisión final do gañador.

O Clowncurso é un evento que pode ser disfrutado por tódalas idades. As actuacións son apropiadas para nenos e adultos, e a diversidade dos espectáculos asegura que sempre haxa algo interesante para ver. Ademais, o curso de clown é unha oportunidade para que os alumnos aprendan sobre a arte do clown e desenvolvan a súa creatividade. Tamén é unha oportunidade para que os adultos volten aos seus días de infancia e disfruten dun pouco de entretemento inocente.

O concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para descubrir novos talentos e apoiar a artistas en ascenso. Moitos dos participantes son artistas novos ou menos coñecidos que están a comezar as súas carreiras. Ao votar polo seu espectáculo favorito, o público pode axudar a impulsar a carreira destes artistas e darlles a oportunidade de seren recoñecidos polo seu traballo. É unha forma de apoiar a arte e a creatividade local.

En última instancia, o Clowncurso é unha oportunidade para rir e disfrutar dun bo espectáculo. A arte do clown é unha forma única de entretemento que pode facer que o público se sinta feliz e despreocupado. O festival ofrece unha semana chea de diversión e risas, onde o público pode desconectar do estrés diario e simplemente disfrutar dun momento de felicidade. É unha oportunidade para escapar da realidade e deixarse levar polo espírito do clown.

Curso con Hilary Chaplain

Obradoiro de Comedia Física para Clowns

Amplía a túa caixa de ferramentas cómica e eleva o teu “funny”… fisicamente! Neste obradoiro participativo e práctico, as persoas asistentes afondarán na mecánica da comedia física, descubrindo que a fai graciosa e como interpretala con autenticidade. A comedia física xera risa dentro dun contexto e a través das reaccións dinámicas da intérprete. É unha exploración fascinante que combina técnica, contexto e quen es ti como clown, e ademais é divertidísimo!

Ao longo do obradoiro experimentarás unha variedade de técnicas e actividades, incluíndo slapstick, xogos, improvisación, traballo en parella, comic timing e accidentes cómicos. Exercicios en solitario, en dúo e en grupo permitiranche explorar as dinámicas da comedia física e afinar o teu sentido intuitivo do ritmo cómico.

As persoas asistentes aprenderán a descompoñer o proceso de escritura e interpretación de material de comedia física. Ao rematar o obradoiro, as participantes serán capaces de crear e interpretar rutinas orixinais de comedia física, colaborar con confianza noutras escenas cómicas e aplicar o comic timing para potenciar a conexión co público.

Este obradoiro é axeitado para clowns, actores, improvisadoras, bailarinas e para calquera persoa interesada na arte da comedia física. Todas as participantes marcharán cun conxunto de ferramentas prácticas para potenciar tanto o físico como o cómico en calquera actuación!

Os participantes deben traer:

Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica. Unha botella de auga para beber.

Horario e datas

Impartido por Hilary Chaplain

Auditorio Municipal "Manuel María"
O Carballiño (Ourense)

Prezo: 285,00€


DATAS E HORARIOS:
Marzo - Abril de 2026

Do Martes 31 de Marzo ao Sábado 4 de Abril de 2026 de 10:00h. a 14:00h.

O sábado 4 haberá pola tarde/noite unha mostra ou clase aberta para público e entregarase o premio do Clowncurso.

Prazas: 16

Non é necesaria experiencia previa.

1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.

2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor

3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.

Programa

LUNS 30 DE MARZO - 20:30 H.

PEPE VIYUELA (ESPAÑA)

"ENCERRONA"

PREZO : 20,00€

MARTES 31 DE MARZO - 20:30 H.

SALVATORE E COPETIN (HISPANO-ARXENTINA)

"IL FORNO FANTASTIK"

SINOPSE

Salvatore, o incrible cociñeiro internacional, chega directo de Italia para explicarnos (na súa lingua natal) a receita da verdadeira pizza napolitana, e farao da man de Copetín, o seu enérxico axudante, acérrimo fan e fiel intérprete, que coa súa tradución “nos axudará” a entender este prato único... Aprenderemos paso a paso esta receita singular, vivindo mil situacións disparatadas. Cada ingrediente desta pizza vén acompañado dunha situación desternillante. Salvatore e Copetín convídante a mergullarte na verdadeira cociña italiana, pero desde a mirada inxenua e brincadeira dun par de pallasos. Que pode saír mal?

MÉRCORES 1 DE ABRIL - 20:30 H.

FREDI MUIÑO (GALICIA)

“CIRCANELO”

SINOPSE

Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e inxenio. Nunha sociedade na que só se valoran os logros e os éxitos, o pallaso pon en valor o fracaso, o triunfo dende o erro, a resiliencia. Vive no presente, no aquí e no agora, na búsqueda do que verdadeiramente é en cada momento. O público o acompañará nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos deste clown que non dubida en expoñerse, en mostrarse para chegar a grandes e nenos.

XOVES 2 DE ABRIL - 20:30 H.

LAURA PUERTAS (PAMPLONA-IRUÑA)

“SUPERELA”

SINOPSE

Pupila revive lembranzas da súa infancia mentres xoga ao agocho coas súas amigas Elisa, Lorena e Ane, que parecen estar perdidas ou agochadas, tanto física como metaforicamente. A medida que busca as súas amigas, Pupila interactúa co público e reflexiona sobre a natureza da amizade e o paso do tempo. A obra explora como os xogos infantís se transforman nun medio para afrontar e comprender a vida adulta. A través da figura de Superella, un personaxe dun programa infantil que a protagonista adoitaba ver, formúlase unha reflexión sobre o poder e a identidade persoal. Pupila intenta adoptar os poderes de Superella, pero finalmente decátase de que o realmente importante é “Super-ser-eu”, celebrándose a si mesma tal e como é. O ton da obra é lixeiro e humorístico, mais tamén conta cun fondo melancólico, xa que aborda temas como a soidade, o cambio e a procura dun mesmo no medio das lembranzas do pasado. A interacción constante co público e a recreación dos xogos infantís crean unha atmosfera de proximidade e complicidade, mentres o personaxe principal atravesa unha viaxe emocional de autodescubrimento.

VENRES 3 DE ABRIL - 20:30 H.

A VELA CIRCO (GALICIA)

“O ÚLTIMO QUE APAGUE A LUZ”

SINOPSE

Desde o humor e o circo, este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar? Esta tola cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Estragarán a torta e comerán o ramo? Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento olímpico de ramo. A través do movemento e do circo aparecerán as historias máis desternillantes que poidas imaxinar. Todos estes elementos conxúganse na procura do circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.

SÁBADO 4 DE ABRIL - 20:30 H.

MOSTRA CURSO HILARY CHAPALIN

ENTREGA PREMIO

entradas día 30 de marzo - Pepe Viyuela: 20,00€

entradas días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril : 3,00€

bono 4 días (31,1,2 e 3) : 10,00€

entrada día 19 : de balde