

Valóranos
Todo lo bueno que se puede organizar en un curso. Uno diez. - asSircópatas
Cursos muy bien organizados con los mejores payasos de todo el mundo, muy recomendable!! - raposarrosa
Escuelas como esta son muy necesarias!! Cursos muy potentes con gente maravillosa. Muy recomendable, para aquellas personas que quieran aprender, divertirse o entrenar en la zona escénica. Siempre que puedo intento ir a alguno de los cursos! - Brais Iriarte
Jouse y Paula lo ponen todo muy fácil y traen a los mejores payasos. Mi amor por el clown nació con esta escuela y crece en parte gracias a ella. Muy recomendable. - Carlos Rodríguez
Grandes profesionales del mundo del clown. Siempre es un placer aprender de los mejores. Para repetir una vez más, claro!!! - Fran Otero
Recomiendo absolutamente a todo el mundo cualquier evento. Gran calidad humana y profesional con gran corazón. - Javier Riestra
Traen a grandes profesionales para nuestra formación. Están muy bien organizados, convocan con tiempo suficiente, y el trato es humano y profesional. Muy recomendable. - Celso Seco
Descubrimiento año 2022. Jouse y Paula, vaya par de buenas e increíbles personas. Risas, formación, amistad, clown, nuevas ilusiones, nuevos viajes y conocer a seres tan especiales como Claudia Cantone, Alex Navarro, David Larible y los que vendrán. Altamente contagioso y recomendable. - Ángeles Bernal
Impartí un curso de clown en agosto de 2022, organizado por la Escola Galega de Clowns, en Culleredo (A Coruña). Fue el primer curso que organizó la EGC, y lo que puedo decir es que el lugar fue perfecto y la organización impecable. Y además el curso se llenó con mucho talento payasil. ¡Gracias Jouse y Paula! - Alex Navarro










A nosa motivación
O noso traballo é o noso obxectivo e a forza que nos impulsa. É a razón pola que imos adicar moito do noso tempo e pola que tentaremos que isto sexa un gran proxecto. Sen embargo, tamén contamos contigo para que nos aportes ideas ou nos recomendes xente coa que poder traballar.
O noso proxecto
Estamos traballando en consolidar un proxecto que sexa serio, estable e duradeiro. Especialmente para ofertar os mellores cursos de clown e poder traer a Galicia aos mellores mestres de Clown.
Os nosos cursos
Aquí poderás atopar toda a información sobre os cursos que organizaremos.


Novidades
¡Aquí terá todo sobre as nosas novidades! Mantéñase ao corrente das últimas novas, eventos e acontecementos da nosa asociación. A nosa equipa presentaralle comentarios e opinións e lles informará sobre as datas importantes das actividades que organicemos. Actualizaremos a nosa lista de actividades con frecuencia, para que sempre coñezan os próximos eventos e os últimos cursos antes que ninguén.
2022
Arrincamos as nosas actividades organizando un curso en agosto con Álex Navarro e outro en setembro con Pepe Viyuela.
2023
En xaneiro celebramos un curso con David Larible en Culleredo; en abril, un curso con Claudia Cantone no Carballiño; en xullo, coa colaboración da MIT (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia), realizamos un curso con Rui Paixão; en agosto repetimos con Álex Navarro e en setembro trouxemos a Peta Lily. Para pechar o ano, en novembro estreamos o noso primeiro espectáculo: Misaclown.
2024
O ano continuou con moita actividade: en xaneiro recibimos en Culleredo a Caroline Dream, en marzo organizamos no Carballiño un curso con Pepa Plana (Premio Nacional de Circo 2022), en maio foi a quenda de Marcelo Katz, e en xullo, repetindo colaboración coa MIT de Ribadavia, celebramos dous cursos de Clown & Darkclown – Nivel 1 e Darkclown – Nivel 2 con Peta Lily. En agosto puxemos o broche de ouro co curso de Avner the Eccentric en Culleredo. Ademais, comezamos a xirar co noso espectáculo Misaclown.
2025
En abril celebrouse a primeira edición de O Clowncurso, na que a compañía gañadora foi Clownómadas de Mallorca, e o curso foi impartido por Caroline Dream. En xullo, en colaboración coa MIT, organizamos un curso de máscara neutra con Mar Navarro e outro de clown con Roi Borrallas. En agosto ofrecemos un novo curso con Pepa Plana, e en setembro recibimos ao clown portugués Pedro Fabião. Para rematar o ano, volveu á nosa escola Avner the Eccentric.
2026
Xa temos case pechada a programación de 2026, na que traeremos figuras de primeiro orde mundial como Alain Vigneau, Nestor Muzo, Moshe Cohen ou Gerry Regitschnig. Ademais, seguimos traballando na organización de algún curso máis e, por suposto, preparando a segunda edición de O Clowncurso.
2025 estamos xa metidos de cheo na organización de varios cursos e de algunha que outra cousiña nova!! Estade atentos as nosas RRSS e iremos informando!
Aviso Importante: Reserva de praza para os Cursos de Clown
Estimados futuros estudiantes, alegrámonos moito de que estean a considerar unirse aos nosos cursos de Clown. Queremos informarlles sobre a nosa política de reserva de praza para garantir unha experiencia satisfactoria para todos os participantes.Como asociación cultural sen ánimo de lucro, organizamos estes cursos por amor á arte e cun profundo respecto pola profesión do Clown. Os profesores que contratamos son profesionais dedicados que merecen ser valorados polo seu traballo. No momento da inscrición, requiremos un depósito de reserva de 50€ para asegurar a súa praza no curso. Este depósito será descontado do custo total do curso. Con todo, queremos subliñar que este depósito non é reembolsábel en caso de cancelación por parte do estudante. O depósito utilízase para cubrir os custos administrativos e para garantir un compromiso serio por parte dos participantes.Agradecemos a súa comprensión e cooperación neste asunto. Estamos comprometidos a proporcionar unha experiencia educativa de calidade e esperamos teros connosco nos nosos cursos de Clown. Atentamente,
Escola Galega de Clowns.