Curso Néstor Muzo






Horario e datas
Impartido por Néstor Muzo
Auditorio Municipal "Manuel María" do Carballiño.
O Carballiño (Ourense)
Prezo: 255,00€
DATAS E HORARIOS:
Marzo 2027
Días 24, 25, 26 e 27 de Marzo de 2027
de 09:30h. a 14:30h.
Duración : 20 horas
O sábado 27 haberá pola tarde/noite unha mostra ou clase aberta para público e entregarase o premio do Clowncurso.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Contido
Clown en Escena: Presenza e Complicidade
O traballo co clown será o fío condutor para que a persoa poida afianzar as súas potencialidades como Clown e atravesar as dificultades como parte do seu progreso. É unha invitación ao encontro consigo mesma e co seu propio pallaso/a, desde o xogo, a imaxinación, o humor, a expresión e o traballo co corpo. Desde a consciencia ata a presenza, unha actitude que facilita o contacto co proceso creativo das persoas.
O adestramento xira arredor da escoita e da complicidade na escena.
Para iso, crearemos un espazo de confianza e presenza: Espírito Clown.
O movemento corporal, o xogo e a actitude como primeira parte do adestramento para entrar en modo clown.
Exercicios de escoita activa, atención, emoción; acción!
Imaxinación, axilidade, vitalidade: escenas e improvisación, complicidade; comigo, con outra persoa, co público.
Un momento de reflexión – peche –
Os participantes deben traer:
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica. Elementos ou roupa de clown. Unha botella de auga para beber
Néstor Muzo
Actor, pallaso, director de escena e creador de varios espectáculos de clowns. Fórmase en Interpretación no Estudio Corazza.
Adestramento en clown con Eric de Bont, Carlo Colombaioni, Jacques Lecoq, entre outros.
Fórmase tamén en Gestalt, Análise e Condución de Grupos, e no Programa SAT de Terapia Integrativa & Eneagrama. Impartiu cursos en España, Italia, Suíza, Alemaña, Inglaterra, Polonia, México, Arxentina, Chile, Perú, Uruguai e Brasil.
Na actualidade combina a súa labor pedagóxica con traballos de investigación sobre o clown no teatro e en hospitais.
Autor de Clowngestalt, O viaxe do antiheroe e Inspiración para ser ti.


