Curso Alain Vigneau






Horario e datas
Impartido por Alain Vigneau
Edificio de Servizos Múltiples do Concello de Culleredo
Culleredo (A Coruña)
Prezo: 285,00€
DATAS E HORARIOS:
Decembro 2026
Martes 15 de decembro de 16:00 a 20:00
Mércores 16 de decembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
Xoves 17 de decembro de 10:00 a 14:00
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Contido
Clown Escencial
A creación deste método de traballo é froito de 37 anos de experiencia no eido das artes expresivas postas ao servizo do desenvolvemento persoal, tanto como artista profesional coma na miña calidade de pedagogo internacional.
O Clown Esencial contempla a persoa na súa absoluta totalidade, considerando a súa estrutura psicocorporal, características persoais e historial de vida como principais fontes de inspiración para o seu proceso creativo. Establecendo unha ponte entre esas fontes e a gramática do xogo escénico do clown, a persoa accede a un sorprendente e único potencial creativo tragicómico que a levará a retomar a posesión do seu corpo e das súas emocións, recobrando benestar, dignidade e pertenza ao mundo.
O Clown Esencial é un espazo para celebrar xuntos a nosa torpeza e inutilidade, os nosos éxitos e fracasos, para mirarnos sen culpas nin prexuízos, aceptarnos tal como somos e abrazar a nosa realidade interna. Entón o noso pasado convértese no noso patrimonio e, protexidos por un pequeno nariz vermello, voltamos á casa por un camiño cheo de experiencias conmovedoras, nun alegre derroche de tolemia, poesía e humanidade.”
— Alain Vigneau
Ao longo dos últimos 18 anos, o Clown Esencial foi unha experiencia profundamente transformadora para innumerables participantes nos obradoiros que Alain imparte continuamente en países como Brasil, Estados Unidos, Rusia, México, Chile, Guatemala, Francia, Bélxica, España, Italia, Suíza, Portugal, etc.
Non é necesaria ningunha experiencia previa no ámbito teatral.
Os participantes deben traer:
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica. Elementos ou roupa de clown. Unha botella de auga para beber
Alain Vigneau
Alain Vigneau (Francia, 1959), creador da Compañía La Stravagante (Francia/España), foi clown profesional durante máis de 25 anos, participando cos seus espectáculos en festivais de teatro de España, Venezuela, México e Gabón.
Coa ONG “Payasos sin Fronteras” realizou numerosas actuacións en países como Guatemala, Namibia, Nicaragua, O Salvador e Indonesia.
Profesor de Drama e Clown no Máster de Arteterapia da AEC/UVIC (Barcelona) e cofundador da Escola Internacional de Arteterapia “Conciencia y Artes Escénicas” de Puebla de los Ángeles (México), é tamén colaborador habitual de numerosos centros de desenvolvemento persoal en Europa e América Latina, especializados en Terapia Gestalt, Arteterapia ou Ensinanzas Artísticas.
Iniciado por Rosine Rochette (París) na unión entre Clown e Gestalt, e formado en Psicoterapia Integrativa no programa SAT do Dr. Claudio Naranjo, foi colaborador del nos programas SAT de España, México, Italia, Chile, Alemaña, Francia, U.S.A., Brasil e Rusia.
Sobre a súa vida e traballo realizouse o documental “BRIN D’AMOUR” (Inner Motion Films, 2018), dispoñible baixo petición en: info@clownesencial.com
É autor dos seguintes libros en castelán:
Clown Esencial, el Arte de reírse de sí mismo (Edicións La Llave 2016, 9ª edición). Tamén dispoñible en italiano, portugués e ruso, así como en audiolibro en todas as plataformas de Internet.
Vida de Clown, la tragicomedia del ser (Edicións La Llave 2020, 4ª edición). Tamén dispoñible en audiolibro en todas as plataformas de Internet.
El Camino del Clown; la Vía del Entusiasmo Sagrado (Edicións La Llave 2024, 2ª edición).
Na actualidade, Alain dedícase de maneira exclusiva á investigación nos ámbitos terapéuticos e artísticos do mundo do Clown, sendo recoñecido internacionalmente como un dos maiores expoñentes neste eido.