O CLOWNCURSO 2026






O Concurso
Hoxe gustaríanos presentarvos a Asociación Cultural Escola Galega de Clowns. Somos unha asociación cultural que naceu coa idea de explorar e espallar o mundo do clown. Aínda que sabemos que ningún comezo é fácil, estamos dispostos a superar todas as pedras que atopemos no camiño para ofrecer e organizar cursos de clown de calidade, coa axuda dos mellores mestres. A nosa asociación ten moitas ilusións e obxectivos, entre eles, organizar cursos de clown, impartilos, recibir outros cursos, organizar mostras, congresos, festivais e concursos de clown, realizar e difundir espectáculos de clown, así como establecer intercambios con asociacións, entidades, grupos afeccionados ou profesionais de espectáculos. En definitiva, calquera iniciativa relacionada co mundo do clown. Estamos traballando para consolidar un proxecto serio, estable e duradeiro. Queremos ofertar os mellores cursos de clown e traer aos mellores mestres de clown a Galicia. Agradecemos a vosa atención e esperamos poder contar co voso apoio para levar adiante o noso proxecto.
Ata o de agora levamos organizados 17 cursos intensivos de clown, cos mellores clowns nacionais e internacionais da actualidade:
2022 : Alex Navarro e Pepe Viyuela
2023 : David Larible, Claudia Cantone, Rui Paixão, Alex Navarro e Peta Lily
2024 : Caroline Dream, Pepa Plana, Marcelo Katz, Peta Lily e Avner the Eccentric
2025 : Caroline Dream, Mar Navarro, Roi Borrallas, Pepa Plana, Pedro Fabião e Avner the Eccentric
Poden atopar información sobre estes cursos en: www.escolagalegadeclowns.com
E tamén nas nosas redes sociais:
http://www.instagram.com/escolagalegadeclowns
http://www.facebook.com/escolagalegadeclowns
O Clowncurso é un festival que une dúas cousas: un curso de clown e un concurso de espectáculos de clown. O obxectivo é converterse nun referente dentro duns anos como un dos festivais de clown máis importantes a celebrar en Galicia e tamén a nivel nacional. Durante unha semana, o festival ofrecerá un curso de clown polas mañás (de martes a sábado) impartido por algún mestre clown de recoñecido prestixio internacional. Polas noites (de martes a venres), terá lugar o concurso de espectáculos de clown, onde cada día haberá un espectáculo diferente. O público votará ao remate de cada función e o espectáculo mellor valorado será o gañador do Clowncurso. Como premio, o espectáculo gañador será contratado pola organización para a realización dunha función nas datas que o gañador e o organizador acorden.
O Clowncurso ofrece unha oportunidade única para aqueles interesados en aprender sobre clown e para aqueles que simplemente queren desfrutar dun bo espectáculo. O curso de clown impartido por mestres recoñecidos internacionalmente é unha gran oportunidade para mellorar as habilidades e coñecer novas técnicas. Ao mesmo tempo, o concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para ver a artistas talentosos en acción. Os espectáculos son divertidos, emocionantes e cheos de sorpresas. O público ten a oportunidade de votar polo seu espectáculo favorito e ser parte da decisión final do gañador.
O Clowncurso é un evento que pode ser disfrutado por tódalas idades. As actuacións son apropiadas para nenos e adultos, e a diversidade dos espectáculos asegura que sempre haxa algo interesante para ver. Ademais, o curso de clown é unha oportunidade para que os alumnos aprendan sobre a arte do clown e desenvolvan a súa creatividade. Tamén é unha oportunidade para que os adultos volten aos seus días de infancia e disfruten dun pouco de entretemento inocente.
O concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para descubrir novos talentos e apoiar a artistas en ascenso. Moitos dos participantes son artistas novos ou menos coñecidos que están a comezar as súas carreiras. Ao votar polo seu espectáculo favorito, o público pode axudar a impulsar a carreira destes artistas e darlles a oportunidade de seren recoñecidos polo seu traballo. É unha forma de apoiar a arte e a creatividade local.
En última instancia, o Clowncurso é unha oportunidade para rir e disfrutar dun bo espectáculo. A arte do clown é unha forma única de entretemento que pode facer que o público se sinta feliz e despreocupado. O festival ofrece unha semana chea de diversión e risas, onde o público pode desconectar do estrés diario e simplemente disfrutar dun momento de felicidade. É unha oportunidade para escapar da realidade e deixarse levar polo espírito do clown
Curso con Hilary Chaplain
Obradoiro de Comedia Física para Clowns
Amplía a túa caixa de ferramentas cómica e eleva o teu “funny”… fisicamente! Neste obradoiro participativo e práctico, as persoas asistentes afondarán na mecánica da comedia física, descubrindo que a fai graciosa e como interpretala con autenticidade. A comedia física xera risa dentro dun contexto e a través das reaccións dinámicas da intérprete. É unha exploración fascinante que combina técnica, contexto e quen es ti como clown, e ademais é divertidísimo!
Ao longo do obradoiro experimentarás unha variedade de técnicas e actividades, incluíndo slapstick, xogos, improvisación, traballo en parella, comic timing e accidentes cómicos. Exercicios en solitario, en dúo e en grupo permitiranche explorar as dinámicas da comedia física e afinar o teu sentido intuitivo do ritmo cómico.
As persoas asistentes aprenderán a descompoñer o proceso de escritura e interpretación de material de comedia física. Ao rematar o obradoiro, as participantes serán capaces de crear e interpretar rutinas orixinais de comedia física, colaborar con confianza noutras escenas cómicas e aplicar o comic timing para potenciar a conexión co público.
Este obradoiro é axeitado para clowns, actores, improvisadoras, bailarinas e para calquera persoa interesada na arte da comedia física. Todas as participantes marcharán cun conxunto de ferramentas prácticas para potenciar tanto o físico como o cómico en calquera actuación!
Os participantes deben traer:
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica. Unha botella de auga para beber.
Horario e datas
Impartido por Hilary Chaplain
Auditorio Municipal "Manuel María"
O Carballiño (Ourense)
Prezo: 285,00€
DATAS E HORARIOS:
Marzo - Abril de 2026
Do Martes 31 de Marzo ao Sábado 4 de Abril de 2026 de 10:00h. a 14:00h.
O sábado 4 haberá pola tarde/noite unha mostra ou clase aberta para público e entregarase o premio do Clowncurso.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.




Programa
LUNS 30 DE MARZO - 20:30 H.
PEPE VIYUELA (ESPAÑA)
"ENCERRONA"
PREZO : 20,00€
reserva de entradas:
escolagalegadeclowns@gmx.es
MARTES 31 DE MARZO - 20:30 H.
NOMADAK (NAVARRA)
"SOKA"
SINOPSE
Nunha vida rutineira, este pallaso vive poeticamente o paso do tempo. A rutina e a soidade disparan a súa imaxinación, dando vida aos obxectos que o rodean. Todos os días chegamos á casa despois de pasar o día dando voltas, atado pola corda do compromiso. Neste número, ese aburrimento dispara a súa creatividade e a súa maneira de facer diferente o que para todo o mundo é algo normal. Nesta viaxe, o público está moi presente e acompáñao no seu mundo onírico e disparatado.
MÉRCORES 1 DE ABRIL - 20:30 H.
FREDI MUIÑO (GALICIA)
“CIRCANELO”
SINOPSE
Circanelo é teatro xestual, danza e acrobacia; espontaneidade, sorpresa e diversión; entusiasmo, tenrura e inxenio. Nunha sociedade na que só se valoran os logros e os éxitos, o pallaso pon en valor o fracaso, o triunfo dende o erro, a resiliencia. Vive no presente, no aquí e no agora, na búsqueda do que verdadeiramente é en cada momento. O público o acompañará nesta viaxe por un mundo de emocións, xogo e improvisación, atentos ós conflitos deste clown que non dubida en expoñerse, en mostrarse para chegar a grandes e nenos.
XOVES 2 DE ABRIL - 20:30 H.
LAURA PUERTAS (PAMPLONA-IRUÑA)
“SUPERELA”
SINOPSE
Pupila revive lembranzas da súa infancia mentres xoga ao agocho coas súas amigas Elisa, Lorena e Ane, que parecen estar perdidas ou agochadas, tanto física como metaforicamente. A medida que busca as súas amigas, Pupila interactúa co público e reflexiona sobre a natureza da amizade e o paso do tempo. A obra explora como os xogos infantís se transforman nun medio para afrontar e comprender a vida adulta. A través da figura de Superella, un personaxe dun programa infantil que a protagonista adoitaba ver, formúlase unha reflexión sobre o poder e a identidade persoal. Pupila intenta adoptar os poderes de Superella, pero finalmente decátase de que o realmente importante é “Super-ser-eu”, celebrándose a si mesma tal e como é. O ton da obra é lixeiro e humorístico, mais tamén conta cun fondo melancólico, xa que aborda temas como a soidade, o cambio e a procura dun mesmo no medio das lembranzas do pasado. A interacción constante co público e a recreación dos xogos infantís crean unha atmosfera de proximidade e complicidade, mentres o personaxe principal atravesa unha viaxe emocional de autodescubrimento.
VENRES 3 DE ABRIL - 20:30 H.
A VELA CIRCO (GALICIA)
“O ÚLTIMO QUE APAGUE A LUZ”
SINOPSE
Desde o humor e o circo, este espectáculo toma como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Que pode pasar? Esta tola cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Estragarán a torta e comerán o ramo? Neste ritual, como en toda gran voda, mestúranse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre veos e o lanzamento olímpico de ramo. A través do movemento e do circo aparecerán as historias máis desternillantes que poidas imaxinar. Todos estes elementos conxúganse na procura do circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.
SÁBADO 4 DE ABRIL - 20:30 H.
MOSTRA CURSO HILARY CHAPALIN
ENTREGA PREMIO
entradas día 30 de marzo - Pepe Viyuela: 20,00€
entradas días 31 de marzo, 1, 2 e 3 de abril : 3,00€
bono 4 días (31,1,2 e 3) : 10,00€
entrada día 19 : de balde


Gañador O Clowncurso 2026
Fredi Muiño co espectáculo "Circanelo"
Participará na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia 2026




O CLOWNCURSO 2025






Programa
MARTES 15 DE ABRIL - 20:30 H.
MARÍA D´ALEGRIA (PORTUGAL)
"UMANA"
SINOPSE
Umana é unha viaxe sobre o paso do tempo, a soidade e os recordos.
Un drama cómico sobre o envellecemento e as ganas da eterna mocidade, feminino, íntimo, cómico e festivo.
Imaxina que recibes a invitación para a festa de aniversario da raíña dona María! E, sen darte conta, os días pasan como unha película muda e a máis incrible festa do ano, no castelo, vai ser preparada mesmo diante dos teus ollos! A raíña cumpre anos, a pallasa muller será coroada. E, para a pallasa, todos os días son iguais!... menos o día do seu aniversario!
Quixésemos que o tempo andase para atrás e a eterna mocidade vivise sempre en nós. Acompañamos a cronoloxía dunha muller de 80 anos que simplemente non quere envellecer. Unha oda á vida vivida con humor.
MÉRCORES 16 DE ABRIL - 20:30 H.
HEYOKA CLOWN (BILBAO)
“LO QUE ME SALE DE LA CONCHA”
SINOPSE
Utreia de Gaia, que se cre científica e maga, crea un show para mostrar ao público como foi a creación do mundo. A súa maxia torpe e imperfecta lévalle a unha transformación dunha humana a deusa tan imperfectamente perfecta, que nos fará lembrar que dentro da nosa humanidade imperfecta esta a perfección de aceptarnos tal e como somos.
Trátase dun espectáculo clown, principalmente xestual, aínda que hai sons e algunhas palabras. Combina a manipulación de obxectos, teatro físico e clown. Impulsoume crear este espectáculo unha necesidade de procura de autenticidade, liberdade e sinxeleza en escena. Con só unha tenda de campaña, unha cuncha xigante e o clown, levar ao público a un mundo submarino a través da maxia torpe da pallasa.
XOVES 17 DE ABRIL - 20:30 H.
MIKEL OSETE (NAVARRA)
“THE RETURN OF DELIRIOS”
SINOPSE
Delirios, un dos artistas máis recoñecidos das Vegas, regresa co seu espectáculo de equilibrio, prestidixitación e malabar, tras anos de decadencia para dar o seu adeus definitivo. Esta vez, farao sen o traidor do seu ex axudante e ex parella, Joe Prenter. Exaxeradamente convencido de que a súa volta aumentará o mito da súa lenda.
VENRES 18 DE ABRIL - 20:30 H.
CLOWNÓMADAS (MALLORCA)
“SiN DESTINO”
SINOPSE
Sen Destino preséntanos a Compás, un pallaso errante sen rumbo fixo, un viaxeiro forzado polas circunstancias, empuxado a Deixar atrás o seu fogar por conflitos que escapan do seu COntrol. Cos seus baúis ao lombo e o pouco que LLE queda, lánzase a un camiño incerto, onde cada encontro é unha faísca de esperanza e cada mirada, un novo comezo.
Na súa travesía, busca o amor de quen se cruza no seu camiño, ese amor que lle dá forzas para seguir adiante e que, convertido en xogo, devolve ao mundo en forma de risas e asombro. A súa linguaxe non necesita palabras: o teatro xestual, a maxia, os malabares e a poesía do fume convértense nas súas ferramentas para conectar co público.
Un espectáculo onde a emoción e o goce van da man, lembrándonos que, mesmo na incerteza, sempre hai espazo para a tenrura, a risa e a humanidade.
SÁBADO 19 DE ABRIL - 20:30 H.
MOSTRA CURSO CAROLINE DREAM
ENTREGA PREMIO
O Concurso
Hoxe gustaríanos presentarvos a Asociación Cultural Escola Galega de Clowns. Somos unha asociación cultural que naceu coa idea de explorar e espallar o mundo do clown. Aínda que sabemos que ningún comezo é fácil, estamos dispostos a superar todas as pedras que atopemos no camiño para ofrecer e organizar cursos de clown de calidade, coa axuda dos mellores mestres. A nosa asociación ten moitas ilusións e obxectivos, entre eles, organizar cursos de clown, impartilos, recibir outros cursos, organizar mostras, congresos, festivais e concursos de clown, realizar e difundir espectáculos de clown, así como establecer intercambios con asociacións, entidades, grupos afeccionados ou profesionais de espectáculos. En definitiva, calquera iniciativa relacionada co mundo do clown. Estamos traballando para consolidar un proxecto serio, estable e duradeiro. Queremos ofertar os mellores cursos de clown e traer aos mellores mestres de clown a Galicia. Agradecemos a vosa atención e esperamos poder contar co voso apoio para levar adiante o noso proxecto.
Ata o de agora levamos organizados 13 cursos intensivos de clown, cos mellores clowns nacionais e internacionais da actualidade:
2022 : Alex Navarro e Pepe Viyuela
2023 : David Larible, Claudia Cantone, Rui Paixão, Alex Navarro e Peta Lily
2024 : Caroline Dream, Pepa Plana, Marcelo Katz, Peta Lily e Avner the Eccentric
Poden atopar información sobre estes cursos en: www.escolagalegadeclowns.com
E tamén nas nosas redes sociais:
http://www.instagram.com/escolagalegadeclowns
http://www.facebook.com/escolagalegadeclowns
O Clowncurso é un festival que une dúas cousas: un curso de clown e un concurso de espectáculos de clown. O obxectivo é converterse nun referente dentro duns anos como un dos festivais de clown máis importantes a celebrar en Galicia e tamén a nivel nacional. Durante unha semana, o festival ofrecerá un curso de clown polas mañás (de martes a sábado) impartido por algún mestre clown de recoñecido prestixio internacional. Polas noites (de martes a venres), terá lugar o concurso de espectáculos de clown, onde cada día haberá un espectáculo diferente. O público votará ao remate de cada función e o espectáculo mellor valorado será o gañador do Clowncurso. Como premio, o espectáculo gañador será contratado pola organización para a realización dunha función nas datas que o gañador e o organizador acorden.
O Clowncurso ofrece unha oportunidade única para aqueles interesados en aprender sobre clown e para aqueles que simplemente queren desfrutar dun bo espectáculo. O curso de clown impartido por mestres recoñecidos internacionalmente é unha gran oportunidade para mellorar as habilidades e coñecer novas técnicas. Ao mesmo tempo, o concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para ver a artistas talentosos en acción. Os espectáculos son divertidos, emocionantes e cheos de sorpresas. O público ten a oportunidade de votar polo seu espectáculo favorito e ser parte da decisión final do gañador.
O Clowncurso é un evento que pode ser disfrutado por tódalas idades. As actuacións son apropiadas para nenos e adultos, e a diversidade dos espectáculos asegura que sempre haxa algo interesante para ver. Ademais, o curso de clown é unha oportunidade para que os alumnos aprendan sobre a arte do clown e desenvolvan a súa creatividade. Tamén é unha oportunidade para que os adultos volten aos seus días de infancia e disfruten dun pouco de entretemento inocente.
O concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para descubrir novos talentos e apoiar a artistas en ascenso. Moitos dos participantes son artistas novos ou menos coñecidos que están a comezar as súas carreiras. Ao votar polo seu espectáculo favorito, o público pode axudar a impulsar a carreira destes artistas e darlles a oportunidade de seren recoñecidos polo seu traballo. É unha forma de apoiar a arte e a creatividade local.
En última instancia, o Clowncurso é unha oportunidade para rir e disfrutar dun bo espectáculo. A arte do clown é unha forma única de entretemento que pode facer que o público se sinta feliz e despreocupado. O festival ofrece unha semana chea de diversión e risas, onde o público pode desconectar do estrés diario e simplemente disfrutar dun momento de felicidade. É unha oportunidade para escapar da realidade e deixarse levar polo espírito do clown.
O Curso
Impartido por Caroline Dream
Curso Presencial no Carballiño (Ourense)
Prezo: 185€
Do 15 ó 19 de Abril 2025
Horario:
15, 16, 17, 18 e 19 de Abril de 10:00 a 14:00
19 de Abril pola tarde/noite Mostra do Curso
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
1. Reembolso do importe da inscrición
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado pola inscrición.
* Entendese por causa maior por exemplo: restricións impostas polas autoridades sanitarias que impidan poder chegar o curso, desastres naturais, actos de terrorismo, e ese tipo de cousas)
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará a inscrición en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago. Quen teña pagada a inscrición sempre pode vender ou regalar a súa praza a outra persoa.
O CURSO
CAER NA TENTACIÓN
O traballo principal do curso é mellorar a túa capacidade clownesca de ir máis aló de “o permitido”; gozar a lume de biqueira, transgredir, e mesmo… pecar… para despois aliviar a túa alma confesándoo todo!
A QUEN VAI DIRIXIDO? A todas as persoas que queiran… Coñecer cales son as tentacións que máis lles convén buscar en escena, e como explotalas para sacar a maior comicidade. Mellorar a súa habilidade de ofrecer escusas plausibles, aínda que pouco cribles. Darse o permiso de acción ou verborrea ilimitado. Romper coas formalidades e ser auténtico.
Caer na tentación é algo inevitable para os pallasos, forma parte do seu comportamento esencial. Aínda que sentan empuxados a caer nela, en realidade son eles mesmos os que se tiran de cabeza! Os pallasos son curiosos e impulsivos, nunca meros observadores da vida. Por tanto, non son capaces de negarse calquera marabillosa oportunidade para esaxerar máis, revelar máis, experimentar máis e, por suposto, gozar máis. Pero teñen moi boas razóns para ir máis aló de “o permitido”. Ao caer irremediablemente nas tentacións de re-descubrir e re-inventar o mundo, de transgredir as normas e recrearse en as bobadas, os pallasos abren paso a ilimitadas posibilidades cómicas da creatividade, ao gozo interno, ao caos, aos problemas, ao fracaso, aos enfrontamentos coa autoridade/a verdade/a realidade, e ao gran desafío de saír ileso de situacións extremas. E, por suposto, ao público gústalle ver aos pallasos pasar por alto as normas e as restricións para facer, dicir ou tocar o que lles dá a gana. Incítanlles coa súa risa para ir aínda máis lonxe; a atreverse a satisfacer os seus desexos, a expresar o que teñen dentro, a imaxinarse por un instante que poden ser absolutamente libres.
Por suposto, hai obstáculos a superar. Hai que poder poñer en modo silencio as voces represoras que temos interiorizadas: a censura, a culpa, a crítica, a moral e o control. Por tanto, o reto principal deste curso será caer na tentación sen medo ás consecuencias. Obviamente, o nariz vermello é un gran aliado á hora de buscar ese estado de inocencia lúdico. O teu pallaso tamén che axudará, a través dunha serie de estupendos recursos cómicos, a sobrevivir cando, inevitablemente, déasche de bruzos coa autoridade, a verdade, ou a realidade. Neste curso repasaremos cales son eses recursos e cando usalos.
Neste curso experimentarás situacións onde terás que elixir; entre o deber ou o pracer, entre quedarche detrás do valo ou saltala e aventurarche máis aló, entre a expresión ordinaria ou extraordinaria. Serás animado a escoitar os desexos que broten no teu corazón, a dicir o que pensas, a moverche como che dea a gana, a estar emocionalmente vivo e, naturalmente, a caer en todas estas tentacións da maneira máis divertida posible. Neste curso aprenderás a… Esaxerar os teus dons, coñecementos e experiencias mais alá do imaxinable. Finxir unha inocencia impecable (ou, se iso non funciona, hábilmente botar a culpa a outro). Incitar aos inxenuos e crédulos a facer cousas indebidas. Mentir publicamente. E, cando te ves en aprietos, dar a volta ás túas propias mentiras en menos dun minuto. Facer crecer comicamente unha situación. Entusiasmarche co xogo corporal e vogal. Pasarcho en grande rompendo as normas
Os participantes deben traer
Roupa e calzado comodo.
Un nariz vermello pequeno con goma elastica se xa a tes, senón poderás
comprar un estupendo nariz de latex (material brando) no curso
Aviso Importante para os Alumnos
Por motivos de seguridade, pedímosvos que non asistas ás clases con reloxos, pulseiras de metal, cadeas, aneis, pendentes ou calquera outro obxecto que poida causar dano a ti mesmo/a ou aos demais. Asegúrate de deixar estes obxectos en casa ou nun lugar seguro antes de entrar na aula. Grazas pola túa colaboración.
Cláusula de Exención de Responsabilidade
A Escola Galega de Clowns actúa unicamente como organizadora do curso de clown. Infórmase aos participantes de que a Escola Galega de Clowns non se fai responsable dos métodos pedagóxicos, do contido impartido, nin das decisións tomadas polo/a profesor/a durante o curso. A responsabilidade sobre a estrutura do curso, o enfoque de ensino, e calquera material ou dinámica utilizada recae exclusivamente sobre o/a profesor/a.






entradas días 15, 16, 17 e 18 : 3,00€
bono 4 días : 10,00€
entrada día 19 : de balde
Gañador O Clowncurso 2025
Cía Clownómadas co espectáculo "Sen destino"






