O CLOWNCURSO 2027






O Concurso
Hoxe gustaríanos presentarvos a Asociación Cultural Escola Galega de Clowns. Somos unha asociación cultural que naceu coa idea de explorar e espallar o mundo do clown. Aínda que sabemos que ningún comezo é fácil, estamos dispostos a superar todas as pedras que atopemos no camiño para ofrecer e organizar cursos de clown de calidade, coa axuda dos mellores mestres. A nosa asociación ten moitas ilusións e obxectivos, entre eles, organizar cursos de clown, impartilos, recibir outros cursos, organizar mostras, congresos, festivais e concursos de clown, realizar e difundir espectáculos de clown, así como establecer intercambios con asociacións, entidades, grupos afeccionados ou profesionais de espectáculos. En definitiva, calquera iniciativa relacionada co mundo do clown. Estamos traballando para consolidar un proxecto serio, estable e duradeiro. Queremos ofertar os mellores cursos de clown e traer aos mellores mestres de clown a Galicia. Agradecemos a vosa atención e esperamos poder contar co voso apoio para levar adiante o noso proxecto.
Ata o de agora levamos organizados 21 cursos intensivos de clown, cos mellores clowns nacionais e internacionais da actualidade:
2022 : Alex Navarro e Pepe Viyuela
2023 : David Larible, Claudia Cantone, Rui Paixão, Alex Navarro e Peta Lily
2024 : Caroline Dream, Pepa Plana, Marcelo Katz, Peta Lily e Avner the Eccentric
2025 : Caroline Dream, Mar Navarro, Roi Borrallas, Pepa Plana, Pedro Fabião e Avner the Eccentric
2026 : Gerry Regitschnig, Hilary Chaplain, Aitor Basauri e Moshe Cohen
Poden atopar información sobre estes cursos en: www.escolagalegadeclowns.com
E tamén nas nosas redes sociais:
http://www.instagram.com/escolagalegadeclowns
http://www.facebook.com/escolagalegadeclowns
O Clowncurso é un festival que une dúas cousas: un curso de clown e un concurso de espectáculos de clown. O obxectivo é converterse nun referente dentro duns anos como un dos festivais de clown máis importantes a celebrar en Galicia e tamén a nivel nacional. Durante unha semana, o festival ofrecerá un curso de clown polas mañás (de mércores a sábado) impartido por algún mestre clown de recoñecido prestixio internacional. Polas noites (de martes a venres), terá lugar o concurso de espectáculos de clown, onde cada día haberá un espectáculo diferente. O público votará ao remate de cada función e o espectáculo mellor valorado será o gañador do Clowncurso. Como premio, o espectáculo gañador será contratado pola organización para a realización dunha función nas datas que o gañador e o organizador acorden.
O Clowncurso ofrece unha oportunidade única para aqueles interesados en aprender sobre clown e para aqueles que simplemente queren desfrutar dun bo espectáculo. O curso de clown impartido por mestres recoñecidos internacionalmente é unha gran oportunidade para mellorar as habilidades e coñecer novas técnicas. Ao mesmo tempo, o concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para ver a artistas talentosos en acción. Os espectáculos son divertidos, emocionantes e cheos de sorpresas. O público ten a oportunidade de votar polo seu espectáculo favorito e ser parte da decisión final do gañador.
O Clowncurso é un evento que pode ser disfrutado por tódalas idades. As actuacións son apropiadas para nenos e adultos, e a diversidade dos espectáculos asegura que sempre haxa algo interesante para ver. Ademais, o curso de clown é unha oportunidade para que os alumnos aprendan sobre a arte do clown e desenvolvan a súa creatividade. Tamén é unha oportunidade para que os adultos volten aos seus días de infancia e disfruten dun pouco de entretemento inocente.
O concurso de espectáculos de clown é unha oportunidade para descubrir novos talentos e apoiar a artistas en ascenso. Moitos dos participantes son artistas novos ou menos coñecidos que están a comezar as súas carreiras. Ao votar polo seu espectáculo favorito, o público pode axudar a impulsar a carreira destes artistas e darlles a oportunidade de seren recoñecidos polo seu traballo. É unha forma de apoiar a arte e a creatividade local.
En última instancia, o Clowncurso é unha oportunidade para rir e disfrutar dun bo espectáculo. A arte do clown é unha forma única de entretemento que pode facer que o público se sinta feliz e despreocupado. O festival ofrece unha semana chea de diversión e risas, onde o público pode desconectar do estrés diario e simplemente disfrutar dun momento de felicidade. É unha oportunidade para escapar da realidade e deixarse levar polo espírito do clown.
Curso Clown a Escena: Presenza e Complicidade con Néstor Muzo
O traballo co clown será o fío condutor para que a persoa poida afianzar as súas potencialidades como Clown e atravesar as dificultades como parte do seu progreso. É unha invitación ao encontro consigo mesma e co seu propio pallaso/a, desde o xogo, a imaxinación, o humor, a expresión e o traballo co corpo. Desde a consciencia ata a presenza, unha actitude que facilita o contacto co proceso creativo das persoas.
O adestramento xira arredor da escoita e da complicidade na escena.
Para iso, crearemos un espazo de confianza e presenza: Espírito Clown.
O movemento corporal, o xogo e a actitude como primeira parte do adestramento para entrar en modo clown.
Exercicios de escoita activa, atención, emoción; acción!
Imaxinación, axilidade, vitalidade: escenas e improvisación, complicidade; comigo, con outra persoa, co público.
Un momento de reflexión – peche –
Datas:
Marzo de 2027: mércores 24, xoves 25, venres 26 e sábado 27.
De 9:30 a 14:30 horas.
Sábado pola tarde: clase aberta ao público.
Horario e datas
Impartido por Néstor Muzo
Auditorio Municipal "Manuel María"
O Carballiño (Ourense)
Prezo: 255,00€
DATAS E HORARIOS:
24, 25, 26 e 27 de Marzo de 2027
De 9:30h. a 14:30 h.
Duración : 20 h.
O sábado 27 haberá pola tarde/noite unha mostra ou clase aberta para público e entregarase o premio do Clowncurso.
Prazas: 16
Non é necesaria experiencia previa.
Os participantes deben traer; roupa cómoda, (parte do adestramento é descalzo), nariz de clown con goma elástica, elementos ou vestiario que consideren como parte do seu clown, libreta, bolígrafo, e unha botella de auga para beber.
1. Reembolso do importe do curso
1.1 No caso de anulación por causas de forza maior devolveríase o total do importe ás persoas inscritas.
1.2 No caso de que non houbera o mínimo de 10 inscricións o curso podería anularse, e en tal caso devolveríase o total do importe pagado.
2. No caso de anulación do curso por enfermidade, accidente ou imprevisto do profesor
3. No caso de anulación por parte do participante
3.1 Non se reembolsará o importe do curso en ningún caso, excepto se houbera lista de espera e a praza fora ocupada por outra persoa que realizará o pago.
Bases do Concurso de Espectáculos "O Clowncurso 2027"
1. Obxecto do Clowncurso:
O presente concurso ten como obxectivo premiar o mellor espectáculo presentado no Clowncurso, segundo a votación do público asistente.
O Clowncurso celebrarase no Carballiño (Ourense – Galicia) entre os días 23 e 26 de marzo de 2027. Durante eses días haberá un curso de clown polas mañás e pola tarde/noite a representación dun espectáculo de clown. O sábado 27 pola mañá seguirá o curso de clown, e pola tarde/noite haberá unha mostra do traballo realizado durante o curso e o finalizar dita mostra anunciarase o gañador do Clowncurso.
2. Participación:
Os espectáculos, loxicamente, serán en código de clown, cunha duración mínima de 45 minutos.
Para participar no concurso, os interesados deberán enviar o seguinte material:
Un dossier do espectáculo que inclúa unha sinopse, ficha artística, e técnica.
Un vídeo completo do espectáculo ou, en caso de non ser posible, un vídeo de presentación ou teaser de entre 5 e 10 minutos de duración.
Unha selección de 3 a 5 fotografías de alta calidade do espectáculo.
Calquera outro material adicional que consideren de interese para a valoración do espectáculo (críticas, premios anteriores, etc.).
O material deberá ser enviado en formato dixital ao enderezo de correo electrónico: escolagalegadeclowns@gmx.es , ou ben por wetransfer, antes da data límite de inscrición.
A inscrición no concurso será efectiva unha vez que o material sexa revisado e aceptado pola organización.
Os espectáculos non poderán ter gastos da SGAE, ben por non estar rexistrados, ben porque o autor renuncie os dereitos para a función.
Seleccionaranse 4 das propostas recibidas e serán postas en escena o día e hora que a organización asigne.
Os seleccionados disporán de 4 horas máximo para a montaxe do espectáculo o día da actuación.
Para a representación, os participantes disporán dun equipo básico de luces e son.
Os participantes seleccionados cobrarán 300,00€ (IVE incluído) pola representación.
O prazo para facer chegar as propostas remata o día 28 de Febreiro de 2027.
4. Votación:
O público asistente ao Clowncurso terá a oportunidade de votar polo mellor espectáculo ao finalizar cada función.
A votación será anónima e realizarase mediante papeletas dispoñibles na entrada do recinto.
Só se permitirá un voto por persoa para cada espectáculo.
5. Premio:
O espectáculo que reciba máis puntuación será considerado o gañador do concurso.
O premio consistirá nunha actuación valorada en 1.500,00 €, IVE incluído, nunha data a convenir entre a organización e os responsables do espectáculo gañador. Posiblemente dentro da programación da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
O premio non poderá ser trocado por diñeiro nin por outro tipo de compensación.
O gañador terá que ter a capacidade de emitir factura, ben como asociación, empresa, autónomo, cooperativa, ou calquera outro método legal.
6. Comunicación do Gañador:
O gañador darase a coñecer o sábado pola tarde/noite, o remate da mostra final do curso de clown que se celebrará polas mañás.
A organización contactará co gañador para formalizar os detalles da actuación premio.
7. Aceptación das Bases:
A participación no clowncurso implica a aceptación íntegra das presentes bases.
A organización resérvase o dereito de modificar estas bases en caso de forza maior, previa comunicación aos participantes.
8. Protección de Datos:
Os datos persoais recollidos para a participación serán tratados conforme á normativa vixente en materia de protección de datos e unicamente co propósito de realizar o clowncurso.


